Buscar/Hemeroteca

viernes, 29 de enero de 2016

O mellor sabor dos concellos de A Coruña en Xantar

Algas e ourizos de Camariñas, pinchos irmandiños de Vimianzo, filloas de Zas, bolo do pote de Mazaricos, queixo de Arzúa ou pimentos de Padrón e Narón son algúns dos produtos que se degustarán da man da área de Turismo da Deputación da Coruña no 17ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se desenvolverá do 3 ao 7 de febreiro en Ourense.

Ao longo dos cinco días que dura o encontro gastronómico, o stand da Deputación da Coruña no Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que chega a súa 17 edición na vindeira semana acollerá degustacións, presentacións e experiencias cos máis saborosos e característicos produtos dos distintos concellos da provincia. "Apostamos por un turismo de calidade e diferenciado e a gastronomía é un interesante atractivo para promocionar os distintos destinos da provincia", destaca o nacionalista Xosé Regueira, responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña.

Showcooking, degustacións, promocións particulares de produtos... son algunhas das propostas que a Deputación inclúe no programa oficial de Xantar para promocionar as distintas propostas gastronómicas de calidade dos concellos da provincia. Entre outros showcooking, o programa acolle o de algas e ourizos de Camariñas, o bolo do pote de Mazaricos, as filloas de Zas ou os Pinchos Irmandiños de Vimianzo. "A Deputación ofreceu aos concellos a posibilidade de se mostraren en Xantar, de levar os seus produtos e propostas turísticas de calidade a este encontro de profesionais e público", explica Xosé Regueira.

No hay comentarios: