Feira do Entroido en Nadela

O Concello de Lugo colabora coa Asociación Carballeira de Nadela na XVI Feira do Entroido, que se celebrará o 31 de xaneiro e na que un centenar de expositores porán á venda produtos característicos destas datas, así como postres típicos do entroido e artesanía

Para os interesados en asistir, o Concello pon á súa disposición un servizo gratuíto de autobuses dende as 09:00 horas ás 15:00 horas, dende diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes, con frecuencia dunha hora

Un centenar de expositores daranse cita nesta nova edición da Feira do Entroido, onde, a partir das 09:00 horas e baixo unha carpa, se porán á venda produtos característicos destas datas, así como postres típicos do entroido e artesanía. 

Mercedes Expósito, veciña de Nadela e autora do libro De la Garçon e a la Pin-Up. Mujeres y hombres en el siglo XXI, será a encargada de ler o pregón, tras a benvida da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. A feira, que estará amenizada pola charanga DGT e polo Dúo Muralla, estára aberta ao longo de todo o día.