Balance da estadía de Galicia en Fitur

A directora de Turismo de Galicia comunicou en rolda de prensa que o stand de Galicia en Fitur rexistrou un máximo histórico de afluencia ao recibir máis de 74.000 visitantes, incrementando a súa afluencia en preto dun 6% en relación á pasada edición.

Nava Castro destacou que no espazo galego, que contou cunha superficie de preto de 1.000 m2, estiveron representados todos os entes de promoción locais e provincias da Comunidade galega, así como, o Clúster de Turismo de Galicia.

A responsable de Turismo da Xunta de Galicia, destacou que a nosa comunidade celebrou un total de 33 presentacións das catro provincias galegas, dirixidas aos profesionais do sector e aos medios de comunicación. Como principais novidades, destacaron o Entroido galego, as festas declaradas de interese turístico nacional e internacional, os destinos Starlight e a Ruta da Lamprea, entre outros.

Así mesmo, o espazo galego albergou outros actos de gran índole como o de traspaso de funcións de coordinación a Galicia da España Verde, a entrega de mans da Secretaria de Estado de Turismo da declaración de Interese Turístico Internacional á Festa da Arribada de Baiona ou a entrega do Premio ao Mellor Produto de Turismo Activo na categoría de Enogastronomía ao programa Outono Gastronómico.

Por outra parte, Nava Castro informou que o expositor contou cun total de 19 informadores turísticos que que atenderon os 13 mostradores relacionados coas cidades e provincias galegas, os produtos e servizos turísticos, o Camiño de Santiago e a pantalla de información turística virtual na cal máis de 2.000 persoas fixeron consultas sobre o turismo en Galicia. Segundo explicou, os profesionais do stand galego. Así mesmo, os profesionais do stand distribuíron máis de 200.000 folletos e outro material de promoción de todas as entidades oficiais e privadas que participaron no certame.