Buscar/Hemeroteca

sábado, 30 de enero de 2016

A Lei de acuicultura de Galicia a consenso

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta tarde con representantes da Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra para tratar, entre outros temas, o borrador de Lei de acuicultura de Galicia, despois de que a Xunta anunciase a pausa na súa tramitación. Alí, unha vez máis, a titular de Mar asegurou que a Xunta “nunca faría nada sen ter o debido consenso do sector, sen que entenda que a lei é beneficiosa para eles e, polo tanto, está a expensas do que eles decidan”. 

En canto ás reunións dos grupos de traballo que se formarán para fomentar o diálogo con todos os axentes implicados e traballar sobre o borrador da lei para chegar a unha postura conxunta, a conselleira explicou que o obxectivo é amosarlles que “estamos dispostos a sentarnos e a revisar artigo por artigo o borrador de lei”. “Estamos á espera do que decida o sector”, sinalou. 

Preguntada pola retirada da lei, a conselleira lembrou que o texto é un borrador, é dicir, non está en ningún trámite lexislativo e, polo tanto, “non a podo retirar de ningún sitio”, sinalou. Valorou ademais a importancia de regular esta actividade pensando no sector, “para cubrir os ocos que hai na normativa que está en vigor e para evitar posibles arbitrariedades que se poidan dar, xa que se poderían tomar decisións que non serían boas para o sector”, advertiu, pero “será o sector o que decida”, engadiu.

No hay comentarios: