Buscar/Hemeroteca

lunes, 28 de diciembre de 2015

Turismo de Galicia, de feira en feira

O destino Galicia foi promovido por Turismo de Galicia este ano en 31 feiras sectoriais, catro máis que en 2014, levando a oferta, os servizos e os produtos turísticos galegos a 21 certames internacionais e dez nacionais, o que permitiu unha promoción global nos distintos mercados mundiais.

Ao longo dos últimos doce meses, Turismo de Galicia participou nos principais certames turísticos do mundo, entre os que salientan a Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, en xaneiro; a Internationale Turismus Börse (ITB), de Berlín, en febreiro; ou a World Travel Market (WTM), de Londres, en novembro.

Para a promoción xenérica no eido internacional, o departamento de Turismo da Xunta participou nas seguintes feiras, ademais da ITB e a WTM: Vakantiebeurs, de Utrecht-Holanda, en xaneiro; Matka, de Helsinki-Finlandia, tamén en xaneiro; Holyday World, de Dublín-Irlanda, en xaneiro; Salon des vacances, de Bruxelas-Bélxica, en fefreiro, Free, de Munich-Alemaña, en febreiro; MITT, de Moscú-Rusia, en marzo; Tur, de Goteburgo-Suecia, en marzo; Mundo Abreu, de Lisboa-Portugal, en abril; Jata, de Toquio, Xapón, en setembro; ABAV, de Río de Xaneiro-Brasil, en setembro; Tourism & Travel Show, de Montreal-Canadá, en outubro; e Festuris, de Gramado-Brasil, en novembro.

Ademais, no ámbito nacional, o turismo galego estivo representado en todos os certames turísticos organizados nos principais mercados emisores para Galicia. Deste xeito, ademais de FITUR, Turismo de Galicia participou nas feiras de carácter xeneralista Navartur, en Pamplona, en febreiro; Sevatur, en San Sebastián, no mes de marzo; Turexpo, en Silleda, tamén en marzo; B Travel de Barcelona, en abril; e o Salón de Turismo INTUR, en Valladolid, no mes novembro.


No hay comentarios: