Trinta e tres viños de Galicia Calidade no medalleiro da Guía dos Viños e Destilados de Galicia

A Guía dos Viños e Dsstilados de Galicia distingue coa medalla Gran Ouro a 6 dos 61 viños certificados co selo de garantía Galicia Calidade. Tamén concedeu 16 medallas de ouro e 11 de prata, de xeito que o 54% dos viños certificados co selo de garantía Galicia Calidade figuran no medalleiro da Guía de Viños e destilados de Galicia, con recoñecementos para 33 dos 61 viños certificados por Galicia Calidade. Entre eles, figuran 6 viños con medallas Gran Ouro (o 9,2% do total), concedido a aqueles viños cunha puntuación de entre 92 e 100 puntos. 

Os viños Galicia Calidade tamén foron distinguidos con 16 medallas de ouro (6,5% de todos os desta categoría), que se concede aos caldos que obtiveron unha puntuación entre 85 e 91 puntos; e 11 medallas de prata (o 6,7%) para os viños cunha puntuación entre 80 e 84 puntos.

Viños premiados con Gran ouro: Summa cum laude, Terra do Gargalo sobre lías 2102 (D.O. Monterrei), Viña Verino 2012 (D.O. Monterrei), Regina Expresión 2012(D.O. Ribeira Sacra), Val de Nairoa 2014 (D.O. Ribeiro), 200 Cesto (D.O. Valdeorras), A Coroa Lías 2014 (D.O. Valdeorras) 

Ouro: Gargalo Godello 2014 (D.O. Monterrei), Gargalo Treixadura e Albariño 2014 (D.O. Monterrei), Altos de Torona 2014 (D.O. Rías Baixas), Altos de Torona Barrica 2013(D.O. Rías Baixas), Altos de Torona Brut Nature 2014 (D.O. Rías Baixas), Altos de Torona Rosal 2013. (D.O. Rías Baixas), Señorío de Rubios Brut Nature. Señorío de Rubios (D.O. Rías Baixas), Señorío de Rubios Condado 2014 (D.O. Rías Baixas), Valtea 2014 (D.O. Rías Baixas), Valtea Extra Brut 2014 (D.O. Rías Baixas), Regina Viarun 2014 branco (D.O. Ribeira Sacra), Regina Viarum 2014 (D.O. Ribeira Sacra), Vía Romana 2013 (D.O. Ribeira Sacra), VR Barrica 2011 (D.O. Ribeira Sacra), Alberte 2014 (D.O. Ribeiro), A Coroa 2014. Adega (D.O. Valdeorras) 

Prata: Altos de Torona Godello 2014 (D.O. Rías Baixas), Manuel D’Amaro Pedral 2011 (D.O. Rías Baixas), Pazo de Villarei 2014 (D.O. Rías Baixas), Señorío de Rubios 2014 (D.O. Rías Baixas), Señorío de Rubios Brut (D.O. Rías Baixas), Señorío de Rubios Sousón 2013 (D.O. Rías Baixas), Regina Viarum Ecolóxico 2012 (D.O. Ribeira Sacra), Vía Romana 2014 branco (D.O. Ribeira Sacra), Quinta do Buble 2014 branco (D.O. Monterrei), Terra do Gargalo Carballo 2012 (D.O. Monterrei), Terra Rubia 2014 (D.O. Monterrei).