Buscar/Hemeroteca

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Pazolandia en Ourense

Pazolandia, o evento infantil organizado pola Deputación de Ourense dende 1993, que converte o Pazo dos Deportes “Paco Paz” no maior parque de atraccións estacional de Galicia, abrirá as súas portas do 26 de decembro ao 4 de xaneiro. A presentación do programa tivo lugar hoxe coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director xerente do Pazo dos Deportes, Ángel Cid, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.

Un ano máis prevese que unhas 30.000 persoas (4.000 delas nenos e nenas dos concellos da provincia de Ourense) visiten Pazolandia nestas datas de Nadal. En total, a organización pon a disposición dos visitantes uno 8.000 metros cadrados de instalacións que acollerán máis de cen actividades de lecer, entre atraccións clásicas de feira, obradoiro de realidade virtual, ludoteca e multiespazo de videoxogos. En Pazolandia traballan oitenta persoas, entre persoal das atraccións, limpeza, monitores de animación, técnicos electricistas e de mantemento, montadores, coidadores, taquilleiros, Cruz Vermella, médicos, vixilantes e persoal administrativo.

Pazolandia, que este ano cumpre a súa 23ª edición, desenvolverase do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, con dúas sesións diarias, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Nove días de actividade para un total de dezasete sesións. O prezo da entrada mantense ao igual que o ano pasado en 4 euros.

No hay comentarios: