
O C.R.D.O. Ribeiro está a levar a cabo un concurso de panxoliñas con motivo de intensificar a canción para estas datas tan sinaladas, dirixida tanto para profesionais como para amateurs. O concurso ten dúas modalidades, por un lado infantil/xuvenil (ata 18 anos) e por outro para adultos.
Están permitido que participen individuais, dúos ou grupos de máximo 30 compoñentes. E terán que versionar ou compoñer unha canción de Nadal incluíndo a frase “Ribeiro é o mellor” en algún fragmento no seu libre estilo e idioma.
As inscricións realizaranse durante todo o mes de decembro, pechándose o prazo o último día do ano ás 23.59 horas. Para participar deberán enviar a canción en arquivo de vídeo ou audio á dirección de correo electrónico concurso@ribeiro.es.