O Belén da Catedral de Santiago, reclamo turístico de Nadal

O Belén da Catedral de Santiago consolídase como un dos principais reclamos turísticos de Galicia para este Nadal. Dende a súa inauguración, este belén tradicional de 55 metros cadrados, atraeu xa a millares de turistas que puideron disfrutar de máis de 550 pezas decoradas, realizadas e talladas a man de forma artesanal por destacados imaxineiros do mundo do Belén.

Cunha escenografía composta, principalmente, por materiais naturais como madeira, vexetación e cortiza de sobreira, o Belén inclúe dende escenas máis tradicionais como o nacemento, a chegada dos Reis Magos ou a anunciación dos pastores, ata diversos acontecementos da vida cotiá e oficios. 

Así mesmo, o dito Belén acolle escenas do mundo exipcio realizadas a súa exposición na Catedral de Santiago, converténdoo nunha mostra única.