Buscar/Hemeroteca

martes, 29 de diciembre de 2015

Máis de 4 millóns de turistas visitaron Galicia nos 11 primeiros meses do ano

De acordo cos datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE), a Comunidade galega lidera o crecemento turístico estatal ao longo dos 11 primeiros meses do ano e acada un máximo histórico de viaxeiros ao rexistrar neste período un total de 4.384.332 viaxeiros rexistrados nos seus establecementos turísticos regrados.

Porcentualmente, nos 11 primeiros meses do ano 2015, a cifra de viaxeiros aloxados subiu un 12,1%, case o dobre que a media estatal, e o número de pernoitas medrou un 8,5%, acadando case 8,85 millóns de noites neste período.

Nestes 11 primeiros meses de 2015, obsérvase un comportamento positivo dos dous grandes segmentos de mercado, contribuíndo ambos os dous ao crecemento xeneralizado da demanda.

Así, sobe o turismo nacional nun 7% no tocante ás pernoitas e nun 9,9% no que atinxe ao números de viaxeiros. Este resultado positivo leva a que en termos de viaxeiros, o turismo nacional acade a cifra máis elevada dos últimos cinco anos, con 3,14 millóns. Acumula tres anos consecutivos de crecemento da demanda procedente do conxunto do Estado.

No eido do turismo internacional, este increméntase nun 13,8% no tocante ás pernoitas e os viaxeiros soben nun 17,9%. Esta mellora supón que o mercado internacional en Galicia, tanto no que atinxe a viaxeiros como a pernoitas, rexistre nestes 11 primeiros meses do ano un máximo histórico, con preto de 1,24 millóns de viaxeiros e 2 millóns de pernoitas.

Estas cifras outorgan tamén un máximo histórico no peso do mercado internacional, que supón o 28,4% dos viaxeiros e o 22,7%das noites.

O incremento da demanda nos 11 primeiros meses do ano prodúcese en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas. No segmento hoteleiro o crecemento dos viaxeiros sitúase no 8,4% e no extrahoteleiro a suba é do 8,9%.

No hay comentarios: