Buscar/Hemeroteca

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Laias con piscina termal flotante

O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense para a creación dunha piscina flotante termal no balneario de Laias, en Cenlle. En base a este convenio, Turismo de Galicia achegará 200.000 euros, para a creación dunha zona de baño termal á beira

do río Miño que estará comunicada co balneario situándose nunha distancia próxima a el. Así mesmo, o acordo inclúe a instalación dunha pasarela que comunique o balneario coa nova plataforma flotante, a cal empregará os materiais adecuados para a súa integración no contorno.

Trátase dunha das actuacións incluídas no Plan de turismo termal para a provincia que está a dar impulso á riqueza termal presente na provincia e poñendo en valor turístico os recursos naturais e culturais de Ourense, estruturando a súa oferta, os seus recursos e os seus servizos consolidando, así, o destino ‘Ourense, provincia termal’.

O Plan dedica unha das súas liñas estratéxicas á mellora e potenciación das infraestruturas termais. Enmarcada nesta liña estratéxica Turismo de Galicia, continúa coa súa aposta pola rehabilitación e adecuación de infraestruturas xa existentes co fin de mellorar a oferta termal da provincia de Ourense, en particular, e Galicia, en xeral.

No hay comentarios: