Buscar/Hemeroteca

lunes, 21 de diciembre de 2015

Galicia exporta

As exportacións galegas medraron nun 10% o pasado outubro en comparación co mesmo mes do ano anterior, sendo a terceira Comunidade autónoma que alcanza a mellor cifra do Estado. Segundo os datos que hoxe fixo públicos o Ministerio de Economía e Competitividade, entre xaneiro e outubro de 2015 as exportacións galegas subiron un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior ata superar os 15.775 millóns de euros. 

Galicia non só supera as exportacións de 2014, senón as do mesmo período de 2013 nun 3,3 por cento, mantendo as cifras de récord histórico. 

No tocante á balanza comercial, Galicia conta entre xaneiro e outubro deste ano cun saldo positivo que aumenta nun 19,6%, fronte á media do conxunto de España, que representa un déficit de máis de -20.530 millóns. Se temos en conta o saldo da balanza comercial de Galicia en outubro en comparación co mesmo mes de 2014 o incremento é do 52,4 por cento.

No hay comentarios: