Buscar/Hemeroteca

jueves, 31 de diciembre de 2015

Fallado o concurso de escaparates de Lugo

Establecemento gañador
Un xurado profesional fallou o concurso de decoración de escaparates e establecementos do Concello de Lugo no Nadal 2015. O primeiro premio de 800 euros foi para o establecemento comercial El Eden del Paladar, xa que para o establecemento de hostalería quedou deserto; o segundo premio de 400 euros foi para o establecemento Pan de Plata; e o terceiro de 200 euros foi para o establecemento Dímelo con flores. Todos os locais premiados recibirán tamén un diploma.

O xurado estivo integrado polo fotógrafo José Luis Rodríguez (Pradero); o escaparatista e mestre desta materia no CIFP As Mercedes, José Manuel Castro; e a mestra da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Carmen Fernández. Valoraron os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade, o emprego de elementos da propia actividade e a ornamentación e a vistosidade do traballo.

Este certame foi posto en marcha polo Concello en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e coa Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo para promover a creatividade dos empresarios de xeito que os seus establecementos sexan máis atractivos e fomenten o espírito do Nadal.

No hay comentarios: