Buscar/Hemeroteca

lunes, 21 de diciembre de 2015

Camiño das Burbullas en Santiago

A edición de Nadal de Compostela Gastronómica, que comezou o pasado sábado 19 de decembro, comprende un completo programa dedicado aos mellores escumosos galegos que inclúe catas e a ruta “Camiño das Burbullas”.

As adegas Lagar de Besada, Mar de Frades e Pablo Padín ofrecen dentro do programa de Compostela Gastronómica Nadal obradoiros de cata con degustación dos seus escumosos, que terán lugar na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos os dÍas 22, 23 e 26 de decembro respectivamente ás 13.30 h. a un prezo de 5€.

A iniciativa “Camiño das Burbullas, Ruta dos Escumosos galegos” propón, por outra parte, un percorrido por 18 establecementos de Santiago que ata o 5 de xaneiro ofrecen unha selección de escumosos galegos, tanto en copa como en botella. 

Os participantes desta ruta son A Horta D’Obradoiro, A Casa da Viña, A Curtidoría, A Nave de Vidán, Artesana GastroBar, Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de San Roque, Bodeguilla de Santa Marta, Castelao Bar Tapería, Garum Bistró, Arco de Mazarelos, La Casa de la Marquesa, La Cavita, O Celme do Caracol, Reno, O Ferro, The Burguer Lobby e Brasería A Grella.

En total poden degustarse ata 18 escumosos galegos distintos: Mar de Frades Brut Nature, Avó Marcelo, Feitizo da Noite, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut Nature, Eidosela Burbujas del Atlántico Extra Brut, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut, Etra Brubujas del Atlántico, Brinde de Rosas, Chris Vino Espumoso Brut, Sensem Laxas, Alba Martín, Danza, Señorío de Rubiós Condado do Tea Blanco Brut, Señorio de Rubiós Condado do Tea Brut Nature, Nande Tinto, Burbujas de Baladiña, Lua Jazz Brut Galicia e Espumoso Altos de Torona.

O programa completo de Compostela Gastronómica Nadal pode consultarse na web www.compostelagastronomica.es. As inscricións poden facerse a través

No hay comentarios: