Buscar/Hemeroteca

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Axudas aos programas de calidade desenvolvidos polos consellos reguladores

A Consellería do Medio Rural destina 300.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias. A convocatoria para 2016 destas achegas, publicada no Diario Oficial de Galicia, ten por obxecto mellorar e controlar a calidade e a orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade ou acollidos á produción ecolóxica.

As actividades subvencionables serán as actuacións encamiñadas a este fin; así como a realización de estudos, investigacións e desenvolvemento de programas. Por outra banda, tamén poderán recibir apoio os gastos derivados da adquisición de bens de equipo e materiais, de consultaría externa e os orixinados pola realización de análises de laboratorio relacionados coa certificación do produto. O prazo de solicitudes para esta convocatoria é dun mes a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Os interesados en solicitar estas axudas poden consultar os requisitos e a documentación que deben presentar no Diario Oficial de Galicia de hoxe. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.



No hay comentarios: