Artenadal en Lugo

A décimo quinta edición da feira de artesanía Artenadal, organizada polo Concello de Lugo dentro da programación de Nadal 2015-2016, ten abertas as súas portas na Praza Anxo Fernández Gómez, onde permanecerá ata o vindeiro 5 de xaneiro en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. 

Trátase dunha feira consolidada e de referencia do sector que o Concello de Lugo pon en marcha para promover os produtos artesáns aproveitando a época de Nadal. Artenadal permanecerá pechada os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Esta edición contará con 18 postos, onde todos os lucenses e visitantes poderán mercar pezas de coiro, de cerámica, de madeira ou de costura, entre outros. Os artesáns, que durante uns 15 días venderán artesanía de calidade na carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez, proceden a maioría da provincia de Lugo, pero tamén doutros puntos de Galicia.