Thenaisie Provote recibe o Grove de Ouro

A Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios, EMGROBES celebrara a sua XI Cea Anual na que se fará entrega do “Grove de Ouro”, que nesta edición foi para a conserveira Thenaisie Provote. O acto terá lugar este venres dia 20 de novembro no Talaso Hotel Louxo La Toja, ás 21:00 horas.

“O Grove de Ouro” entregase dende o ano 2007 as entidades, empresas ou persoas que teñan un importante vinculo co desenrolo da vila, co animo de resaltar e premiar a súa labor. É o caso da dita conserveira dende que Henry Chancerelle escollera esta localidade para instalar a sua primeira fabrica de conserva en 1904, e que dende 1967 é unha empresa totalmente galega, especializándose na conserva de peixe e mariscos de calidade.

Thenaisie Provote convitiuse nunha das empresas máis importantes da localidade e motor económico do Grove, con unha gran vinculación socio-economica a esta vila a a súa comarca.