Santiago promociónase na Master Meetingen de Milán como destino de congresos

Este xoves Turismo de Santiago, a través do servizo para a promoción da cidade como destino de congresos, xornadas e incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participou en Milán na Master Meeting, unha xornada de promoción directa para o mercado italiano, dirixida a organizadores profesionais de congresos.

Xunto unha ducia de cidades españolas, amosou as súas posibilidades a 40 axencias do sector da zona norte de Italia, a que ten un maior grado de desenvolvemento económico e por tanto ten maior atractivo neste segmento turístico.

Na xornada, organizada polo Spain Convention Bureau en colaboración coa Oficina Española de Turismo en Milán, cada cidade fixo unha pequena presentación das súas infraestructuras e recursos para albergar congresos e xornadas de diferentes dimensións. Houbo tamén un momento de networking, no que os representantes das cidades e os profesionais poideron coñecerse persoalmente e intercambiar contactos e opinións.

A xornada inclueu un obradoiro de tapas para os profesionais asistentes, xa que a gastronomía é un dos principais atractivos para o mercado italiano. A gastronomía galega estivo representada por Flavio Morganti, de orixe italiano pero afincado en Ourense, cunha cociña de fondas raíces galegas. Ademais, servíndose viño da D.O. Ribeiro e conservas galegas.

Italia é un mercado prioritario para o sector turístico de Santiago. No 2014 foi o principal mercado turístico internacional para a cidade, sumando máis de 64.000 pernoctacións. Precisamente por este motivo, aproveitando a súa participación na Master Meating, Turismo de Santiago fará tamén unha acción de promoción directa visitando a diferentes profesionais e empresas do sector nas súas sedes de Milán.