O Foro de Trives se desenvolverá os días 10 e 11 de decembro

Ascensión Fernández, presidenta da cooperativa “TuTrives”; o alcalde de Manzaneda, David González; o de Trives, Francisco José Fernández; o vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez; e Miguel Vázquez Durán, representante da CEO, entidade anfitriona presentaron o Foro Trives 2015, que se desenvolverá os días 10 e 11 de decembro en Trives.

O obxetivo deste Foro é afianzar o futuro da comarca a través da promoción, aproveitamento e comercialización dos produtos propios e tradicionais do entorno. No programa contémplanse xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural, iniciativas de desenvolvemento sostible, turismo, innovación tecnolóxica e cooperativismo e colaboración.

Ascensión Fernández, presidenta da entidade promotora do Foro, suliñou que se trata da “primeira cooperativa rural de turismo de Galicia”, que abarca a empresas e persoas das Terras de Trives e que abarcan sectores diversos pero vencellados aos productos da terra e os recursos naturais do entorno, como a elaboración de queixos, viños, hoteis, bicas ou servizos, por exemplo. Tamén destacou que pretende “fomentar o cooperativismo entre os xóvenes” para garantir a sustentabilidade das iniciativas e xerar postos de traballo para os xoves da comarca fomentando o asentamento poboacional".

Polo seu carón, David Rodríguez tamén remarcou que o Foro Trives pretende ser “un punto de encontro para buscar solución” aos retos da degradación do rural, a base de “aproveitar os recursos propios da comarca e crear emprego”. Nese senso, sinalou que “o turismo de montaña” de Manzaneda “ten que ser primordial”. “Os promotores queren que iste proxecto serva para debater experiencias e presentar ferramentas que sirvan para dinamizar o noso entorno”. Agradeceu a Tutrives, ao concello trivés, así como á CEO e á Universidade o seu respaldo á iniciativa.