Xornadas de carne de boi de Allariz

Allariz celebra, do 2 ao 8 de outubro, a cuarta edición das “Xornadas de carne de Boi de Allariz”. Un total de 21 establecementos participan no concurso de Tapas e Menús elaborados con carne de Boi de Allariz para facer da vila un referente para os amantes desta carne. 

Hamburguesas, raviolis, en pizza ou en albóndegas a hostalería servirá tapas a 2 un prezo único de 2 euros, aínda que tamén se ofrecerán menús con degustación de solombo, chuletón ou xarrete, entre outros. 

Preto de 1.600 kilos de carne de catro bois criados nos montes de Penamá foron sacrificados para ser degustados nestas datas en Allariz, ben no restaurantes da vila ou no Mercado da Reserva da Biosfera que se celebra todos os sábados, onde ademais de posto de venda haberá demostracións de cómo cociñar diferentes partes do animal. 

Esta iniciativa forma parte do proxecto de cría e comercialización de carne de boi de Allariz naceu no ano 2011 co obxectivo de recuperar a base territorial e facer explotacións produtivas, previr os incendios e apoiar á hostalería ofrecendo un produto de calidade.