Muros, novo municipio turístico gallego

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se declara municipio turístico o concello de Muros, na provincia da Coruña. Galicia conta así cun total de 46 municipios turísticos nas catro provincias galegas. Coa incorporación de Muros, a provincia da Coruña conta con 13 municipios turísticos: Betanzos, Corcubión, Fisterra, Miño, Padrón, Pontedeume, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Rianxo, Laxe e Cedeira.

Neste concello da provincia da Coruña, situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, e integrado por sete parroquias -Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea- a actividade turística ten gran relevancia. Muros conta con numerosos atractivos turísticos entre os que destaca o seu núcleo histórico, declarado conxunto histórico-artístico.

Así mesmo, no que se refire á paisaxe e á natureza Muros é moi representativo dende o punto de vista ambiental grazas ao monte e á lagoa de Louro. Por outra banda, o Consello da Xunta recalcou especialmente os aspectos poboacionais así como os aloxamentos turísticos e de servizos do concello, sendo ambos os dous cualificados positivamente.