Cocinando en el fin del mundo, longametraxe documental sobre a gastronomía galega

O Culinary Zinema, a sección dedicada á gastronomía do prestixioso festival internacional de San Sebastián acolleu hoxe o estreo da primeira longametraxe documental sobre a gastronomía galega, Cocinando en el fin del mundo, unha película producida por Esmerarte coa colaboración de Turismo de Galicia e AGADIC.

A longametraxe, dirixida por Alberto Baamonde, permite descubrir o lado máis auténtico e elegante da gastronomía galega actual. Así, Cocinando en el fin del mundo é unha película que non se detén na cara máis coñecida, tradicional e turística da gastronomía de Galicia senón que céntrase nos elementos emerxentes e xeralmente ocultos que axudan a explicar o momento actual dunha cociña de futuro que afunde a súas raíces na tradición.

As paisaxes de Galicia en combinación con algún dos produtos máis exquisitos e singulares da tradición culinaria galega, xunto con referencias aos seus produtores, comercializadores e cociñeiros, son a carta de presentación desta película documental.

Cocinando en el fin del mundo constitúe, deste xeito, unha homenaxe á cociña galega, caracterizada pola súa perfecta mestura de tradición e vangarda, e aos profesionais, que día a día están a revolucionar a gastronomía da nosa comunidade.

A longametraxe aporta unha visión renovada da cociña da nosa comunidade, protagonizada por emprendedores e profesionais feitos a si mesmos difundindo este valor esencial da nosa oferta turística e da nosa identidade.