Un recuncho da gastronomía galega chega a San Sebastián

Turismo de Galicia e Nove Grupo Gastronómico asinaron un convenio de colaboración para continuar coa promoción conxunta da gastronomía de Galicia co obxecto de continuar potenciando a mesma como factor clave de reequilibrio territorial e de instrumento de difusión da excelente calidade dos nosos produtos da terra e do mar.

Nava Castro e Miguel Campos , de Nove
Entre outras iniciativas, grazas ao convenio Nove realizará unha acción promocional en formato showcooking na cidade de San Sebastián. No mesmo, cada un dos cociñeiros da asociación elaborará unha tapa nun ambiente lúdico e distendido no que haberá unha notable presenza de profesionais da cociña, así como representantes do resto de asociacións ou grupos gastronómicos. 

Tamén asistirán autoridades e persoal do sector empresarial vencellado coa gastronomía e a alimentación. Así mesmo, terán unha presenza especial os medios de comunicación co fin de que o acto teña unha difusión masiva.