Os Deliciosos do Ano no Condado do Tea

O ano pasado as 5 Denominacións de Orixe vitícolas de Galicia facturaron máis de 150 millóns de euros pola comercialización de preto de 35 millóns de litros de viño. Así o trasladou a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, na LVI Festa do Viño do Condado, celebrada  en Salvaterra de Miño.

Nesta festa enolóxica elexíronse os viños “Deliciosos do Ano”, unha idea promovida polo director-fundador da revista HG&T, Guillermo Campos e o seu equipo de traballo, e hoxe apadriñada unilateralmente polo concello.

Os nomeados, varietais de albariño Rías Baixas neste caso foron Liñar de Vides, Leira de Pondal, Señorío de Rubiós e Torre La Moreira. No apartado de Condados (plurivarietais) salientaron Piñeiral, Señorío de Rubiós e Más que 2 de La Val; mentras  que en tintos mereceu ser Delicioso do Ano San Nomedio da adega Señorío de Rubiós.