Galicia, capital mundial do surf

Galicia convértese dende dende mañán no epicentro do turismo de surf a nivel mundial coa vixésimo octava edición do Pantín Classic Galicia Pro. Durante a súa celebración, dende mañá 1 de setembro ata o próximo domingo 6, a nosa comunidade acollerá aos mellores surfistas profesionais que se achegarán a Galicia dende todas partes do mundo.  E neste ano, especialmente, xa que esta nova edición bateu records de inscricións con 128 homes participantes e un total de 72 mulleres.

No ámbito do surf, tanto en Galicia como no resto de España, o certame ‘Pantín Classic Galicia Pro’ ocupa un lugar moi destacado, e xa constitúe unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional. É o único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España, un dos poucos que se celebra a este nivel en Europa e o terceiro mais antigo a nivel internacional.

A Xunta de Galicia colabora na organización e promoción deste gran evento turístico-deportivo afianzándose como un dos colaboradores principais do campeonato. Así, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou no acto de presentación que este campionato volverá a ser un potente dinamizador turístico e un exemplo do desenvolvemento turístico sostible e respectuoso coa preservación ambiental