Expourense representou a Galicia no Festival Gastronómico Bife de Espadarte

Expourense participou como convidado especial representando á gastronomía galega no Festival Gastronómico do Bife de Espadarte, en Vila Praia de Âncora, en Portugal, inaugurado onte 13 de agosto e organizado pola entidade de Turismo Porto e Norte, a Cámara Municipal de Caminha en conxunto con entidades privadas. A Fundación Expourense e o Municipio de Caminha representados respectivamente por Alejandro Rubín e o alcalde Luís Miguel da Silva Mendonça Alves firmaron un convenio de colaboración para a promoción mutua e pola cal se confirmou a presenza deste municipio na vindeira edición da Feira Internacional Xantar.

No marco deste evento desenvolveurse unha tertulia denominada "O Mar e a Gastronomía" que contou coa presenza dun conxunto de invitados como Alejandro Rubín, director de Xantar e Termatalia, o alcalde do Municipio Luís Miguel da Silva Mendonça Alves, o vicepresidente da entidade de Turismo Porto e Norte Jorge Magalhaes e coa participación activa de José Silva (Periodista e crítico gastronómico do programa Hora de Baco – da RTP). Ademáis contou coa presenza da Chef Margarida Rego do restaurante Areia – Restaurante Bar en Carreço (Viana do Castelo).

Esta acción é unha máis das que Expourense promove no campo de cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal. Xantar promocionou ademáis a súa vindeira edición que terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016 e na que Portugal volverá a ser un dos protagonistas promocionando a súa gastronomía e fomentando así o turismo de proximidade. Tamén promocionouse a nova edición de Termatalia que este ano se celebrará en Ourense entre o 24 e o 26 de setembro e que contará coa participación activa da entidade portuguesa.