
No acto, no que estarán presentes o concelleiro de Promoción
Económica de Narón, Pablo Villamar, e o presidente da Cooperativa do Campo
Galego O Val-Narón, entidade que aglutina aos produtores que cultivan estas
hortalizas, ademais de outras autoridades, o chef Álvaro Villasante amosará o
uso do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago como ingredientes
exclusivos da cociña tradicional e de vangarda cunha demostración culinaria e
posterior degustación na que preparará pratos elaborados con estes dous
produtos, coincidindo coas xornadas “Horta de Narón” que se celebrarán no mes
de agosto neste concello da comarca de
Ferrolterra.
O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous
produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a
Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de
variedades autóctonas.
A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto,
unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica
Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre
elas, a súa docura e que non pica.