Betriz Sotelo no novo programa de TVG Gastrópodos

A Cociñeira do Grupo Nove e propietaria, xunto con Manuel Crujeiras, do restaurante A Estación (Cambre. A Coruña), recoñecido cunha estrela Michelín, participa no novo programa da TVG “Gastrópodos”, que comeza mañá sábado na televisión pública autonómica. Se trata de una especie de remake tel programa Todos contra el chef, conducido por el malogrado Darío Bario en Cuatro.
Dous cociñeiros: unha profesional; o outro, un virtuoso/a dos fogóns moi coñecedor/a do produto estrela da sua vila. Dúas interpretacións gastronómicas dun mesmo ingrediente. Dúas cociñas anexas (os contrincantes poderán ver o que fai o seu rival) e con moi pouco espazo de manobra. 
Cámaras de televisión, público no exterior animando e 60 minutos para a elaboración do prato. Todo pasará por un xurado local que tamén coñece moi ben o produto base das elaboracións e que ben podería estar afeito a determinados sabores e, polo tanto, pode ser difícil de sorprender con novas interpretacións culinarias.
Un xogo de palabras que evoluciona: Gastronomía; moluscos con “cuncha” que levan a casa ás súas costas... una cociña móbil que percorrerá Galicia, cunha experta capitá aos mandos que tratará de superar as preparacións culinarias dos mellores cociñeiros non profesionais da nosa comunidade, e na que o produto gastronómico estrela sexa típico de cada rexión galega.