Galicia achega a súa oferta turística a Arxentina

Un grupo de cinco xornalistas que representan aos xornais Clarín e La Nación, e á prensa especializada El Gourmet e Travel Magazine, acompañados por un profesional freelance, visitaron estes pasados días a Comunidade galega, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Bos Aires.

Co fin de difundir os principais valores turísticos de Galicia entre a poboación arxentina, Turismo de Galicia elaborou un programa no que os xornalistas están a coñecer boa parte da oferta e os produtos turísticos galegos, nun circuíto que os leva tanto á costa como ao interior do territorio galego.