Pescando turistas en Xapón e Corea

Un total de 170 operadores turísticos xaponeses e coreanos participarán nas xornadas de promoción directa do destino Galicia nas que Turismo de Galicia presentará a oferta da comunidade galega e as posibilidades que ofrece o noso territorio para a organización de viaxes desde esta área de Asia. Esta xornadas, organizadas polas oficinas de Turismo de España en Tokio e Seúl, desenvolveranse entre os días 24 e 28 de maio e nelas tamén participarán representantes de Turespaña e as embaixadas españolas nestes países.

O hotel Hilton de Osaka acollerá o día 25 de maio a xuntanza de traballo cos operadores turísticos da cidade e da súa área de influencia. Nesta reunión está prevista a participación de 44 axentes de viaxe locais.

Ao día seguinte os representantes de Turismo de Galicia desprazaranse ata a capital xaponesa para participar noutra xuntanza de traballo con 69 operadores turísticos de Tokio e a súa área de influencia. A reunión desenvolverase tamén pola tarde no hotel Akura.

Desde Tokio os representantes de Turismo de Galicia trasladaranse ata a capital de Corea do Sur, Seúl. Na xuntanza de traballo, que terá lugar o día 28 de maio no hotel Lotte, se presentará a oferta turística galega aos 57 operadores turísticos máis importantes do país.