II Festa do Becerro Ecolóxio ao Espeto de Viascón

O alcalde Cotobade,  Jorge Cubela,  presentou esta mañá a Festa do Becerro ao Espeto de Viascón, cita gastronómica que se vai celebrar o domingo 31 de maio. O Palacete dos Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas foi o escenario escollido para a presentación da II Festa do Becerro ecolóxico ao espeto.

Nesta II Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ao Espeto vanse volver a asar reses da razas freiresa e candelán criadas nos montes da parroquia de Viascón preparadas polo asador Xabier Giao, tal e como explicou Roberto Louzán propietario da granxa O Castelo, promotora da festa. O menú tamén inclúe empanada, carne con patacas, viño ou auga e pan, por un prezo igual ó do ano pasado, 12 euros.

Co fin de poder a mellor organización e previsión posible, o alcalde Jorge Cubela manifestou que xa están acondicionando o entorno da igrexa para a celebración da festa e pediulle aos veciños e demais persoas interesas en acudir o domingo 31 de maio “que vaian retirando os tíckets que xa están dispoñibles en varios establecementos da localidade”. Na pasada edición repartíronse máis de 700 racións de becerro ecolóxico ao espeto e este ano esperan superar o milleiro.

Habilitarase unha carpa para 1.200 persoas cun espacio de ocio con hinchables para os máis pequenos e unha zona de aparcamento para todos os veciños e visitantes que acudan á festa.