Galicia é a comunidade convidada este ano
na
II Semana gastronómica española en Bos Aires e como tal a gastronomía galega
terá unha presenza especial nese evento que se celebra entre os días 20 e 26 de
abril en 16 restaurantes da capital arxentina.
![]() |
Iñaki Bretal |
Os cidadáns bonaerenses terán estes días a
oportunidade de coñecer máis de preto os recursos gastronómicos galegos a
través de distintas actividades divulgativas organizadas por Turismo de
Galicia, en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Bos Aires.
Así, ao longo destes días terá lugar unha
presentación da oferta turística galega, degustacións, un seminario sobre
cociña galega e unha demostración culinaria no marco destas xornadas .
Dentro do programa de promoción da gastronomía
galega na II Semana gastronómica española en Bos Aires, a directora de
Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, fixo onte unha presentación da
oferta turística galega a 35 operadores turísticos arxentinos.
Esta presentación tivo lugar no restaurante Bernata, situado no barrio de Palermo, que conta con xerencia
galega, Alí, os operadores turísticos arxentinos puideron participar nun showcooking
do cociñeiro ponteverés Iñaki Bretal e degustar un menú tipicamente galego.