Feiraco tamén celebra o Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2015, adicado este ano á figura do escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, a cooperativa leiteira quere sumarse a esta festividade cunha iniciativa literaria de amplo percorrido, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Trátase da convocatoria da IV edición do concurso de relatos breves a través da súa páxina oficial de Facebook.

A presentación tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura da man do presidente de Feiraco, José Montes; do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Fundación Filgueira Valverde, José Fernando Filgueira e do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

A campaña complétase ademais coa produción dun packaging especial dun millón de referencias nos liñais de venda, que inclúe a adaptación dun retrato orixinal do intelectual homenaxeado en todos os cartóns de leite e o acceso a un dos seus artigos máis representativos, “O Galego Verdadeiro”, a través do código QR dos briks. Trátase da aportación da cooperativa á hora de contribuír á difusión da cultura galega a través das letras de todos os tempos.

A convocatoria, activa desde hoxe ata o vindeiro 17 de maio, está dirixida a todos aqueles seguidores de Feiraco en Facebook (que xa o sexan ou se fagan), que teñan máis de 18 anos, residan en calquera punto da xeografía española e teñan habilidades para a literatura en lingua galega. Os relatos deberán ser orixinais, o autor non terse presentado a ningún outro concurso de idéntica índole e non deberán superar os 500 caracteres de extensión.