O secretario xeral destacou que “a nosa Comunidade
pode presumir de ser o sexto destino enoturístico do mundo, froito da
dedicación, esforzo e visión de futuro de todo un sector”. Un sector, dixo,
“que soubo ver no turismo unha nova fonte de riqueza e de xeración de emprego”
ao tempo que sinalou que “sabe que é nas redes de comercialización exterior nas
que hai que fixar a vista”.
Esta é a novena edición desta cita bienal, que
comezou como feira e desde o 2013 alcanzou a categoría de salón, converténdose
nun evento unicamente destinado a profesionais do sector. Este certame, organizado
pola empresa DEUVA Vinos y Gestión,
conta co patrocinio da Deputación da Coruña, Concello de Ferrol e Hijos de
Rivera e a colaboración de diferentes empresas e entidades, entre elas Galicia
Calidade.
Neste encontro están presentes máis de 150
adegas de toda España, ademais dalgunhas de Arxentina e Portugal. De Galicia
participan medio cento de adegas, tanto das cinco denominacións de orixe como
de fóra delas.
En esta edición entregáronse os premios Fevino, que recaíron en José Peñín (Premio Fevino ao persoeiro máis recoñecido do mundo do vino), Quim Vila (Premio ao mellor profesional), Bodegas Pingus (Premio á mellor adega), Emilio Rojo (Premio ao mellor adegueiro galego), Josep Roca (Premio ao mellor sumiller) e Grupo Nove (Premio á avangarda gastronómica).