Á caza de cruceiros en Florida

Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a comunidade como destino de cruceiros no leste dos Estados Unidos de América. Neste encontro profesional, no que participaron os operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica, desenvolvéronse xuntanzas de traballo, seminarios e conferencias, nas que Turismo de Galicia contactou cos operadores turísticos e consignatarios norteamericanos.

O turismo de cruceiros en Galicia pasou de mover uns 120.000 pasaxeiros en 2003 a máis de 345.000 en 2014. Concretamente esta comunidade recibiu no pasado ano a un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013.

A cidade de Vigo foi a que máis pasaxeiros de cruceiros recibiu no pasado ano cun total de 176.019 e un incremento do 2,5% en relación ao ano anterior. O porto pontevedrés acolleu o 50,9% do total dos cruceiristas que chegaron a nosa comunidade.

No segundo lugar situouse o porto de A Coruña, o cal albergou un total de 129.597 pasaxeiros procedentes de cruceiros, un 37,4% do total. Á cidade de A Coruña síguelle o porto de Ferrol cun total de 39.017 pasaxeiros, o que supón o 11,3% do total. Compre destacar o espectacular incremento rexistrado por este porto que no pasado ano incrementou os seus cruceiristas nun 295,5%, en relación ao ano 2013.