Xustificando o inxustificable

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar á acción promocional do departamento que dirixe a través do videoclip Noche y de Día de Enrique Iglesias. A directora de Turismo de Galicia explicou que “a dita iniciativa non é máis que outra das accións incluídas no programa de promoción internacional que se está a desenvolver dende Turismo de Galicia para continuar pola senda de crecemento do turismo internacional”. Neste senso, afirmou que, tal e como se recolle na quinta liña estratéxica do Plan Integral de Turismo, dende a administración autonómica estase a desenvolver unha firme aposta pola internacionalización.

A responsable de Turismo da Xunta de Galicia resaltou que “a finalidade é promocionar o sector turístico galego e chegar a milleiros de turistas potenciais procedentes de todo o mundo polo que o retorno económico superará con creces o investimento realizado”. “Unha acción de promoción de Galicia na que colaborou un artista de recoñecemento mundial”, incidiu a directora de Turismo de Galicia.

Nava Castro destacou que Enrique Iglesias é capaz de lograr unha repercusión mundial nos medios de comunicación e nas redes sociais a nivel internacional grazas aos seus seguidores que cóntanse por millóns e distribúense ao longo e ancho do mundo. “Ademais abarca todas as idades e condicións sociais e económicas e isto é unha baza esencial para que os seus videoclips se convertan en grandes éxitos do panorama mundial”, afirmou.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia resaltou que o videoclip suma nunha soa semana máis dun millón novecentas mil visitas so na plataforma de Vevo.  Ademais, soamente as tres publicacións no Facebook do artista previas ao estreo do videoclip con imaxes e referencias a Galicia sumaron máis de dous millóns de visitas, máis de 170 mil usuarios marcaron a opción de “Me Gusta”, produciron máis de 3.000 comentarios e foron compartidos por mais de 10 mil usuarios. En canto ao Twitter, os tres comentarios do artista anunciando o videoclip, que ademais de incluír a gravación contiña referencias ao noso destino, rexistraron case dous mil e medio de retweets e máis de catro mil favoritos. No que se refire a Instagram, se rexistraron comentarios de usuarios de diferentes partes do mundo como Brasil, Estados Unidos ou Alemaña.