Xornada técnico-económica de Feiraco

Feiraco Sociedade Cooperativa Galega celebrará o próximo 10 de Marzo, a súa II Xornada Técnica-Económica “A produción láctea ante un novo escenario”, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana Carballo, será a encargada de inaugurar o acto.

Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Formación activado pola Cooperativa no ano 2008 para impulsar a cualificación dos seus socios como base para continuar crecendo e incrementando a súa competitividade dentro do sector. 

Un foro de traballo que reunirá a preto de 500 gandeiros e profesionais do sector para dar a coñecer o presente e futuro do sector lácteo, desde a perspectiva do ámbito cooperativo, así como as liñas de actuación prioritarias tras a desaparición das cotas lácteas. Ademáis profundarase na indexación como ferramenta para a independencia, objetivación e modulación de prezos.

Durante a sesión, e de man de destacados especialistas, tamén se analizará o novo escenario do sector lácteo tanto desde unha óptica industrial como desde o punto de vista do produtor.