
Así, baixo a denominación de ‘Vinos y Camelias’ Turismo de Galicia
promocionará conxuntamente dous produtos turísticos con enorme potencialidade e
gran aceptación, que están a contribuír a afianzar o posicionamento de Galicia
como destino turístico diferencial e a impulsar a desestacionalización da
demanda.
A directora de Turismo de Galicia presentou esta nova experiencia a un
grupo de prestixiosos periodistas especializados en gastronomía e turismo cos
que compartiu un almorzo elaborado polo cociñeiro galego, Pepe Solla.
A directora de Turismo de Galicia referiuse á importancia que está a
acadar a Ruta da Camelia como reclamo turístico. Así, manifestou, “a Ruta da
Camelia de Galicia, constituída na actualidade por unha ducia de xardíns tanto
públicos como privados, é xa un referente internacional”. “Proba diso é que
algúns dos pazos que configuran esta ruta superaron o pasado ano os 20.000
visitantes”, engadiu.