A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da
Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do Arde Lucus MMXV. O cartel que anunciará este ano a festa do Arde Lucus é
obra de Cristobal Aguiló Domínguez, que o presentou baixo o título “Revive a
Historia”. A gañadora dos 1.000 euros cos que estaba dotado o primeiro premio
do concurso convocado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e
Promoción da Língua é de Murcia.
Por cuarto ano consecutivo, o cartel do Arde Lucus foi
seleccionado nun concurso ó que se presentaron preto de 40 propostas. O gañador foi elixido polo xurado, que estivo formado por
Adolfo de Abel Vilela, Alejandro Carro Rodriguez e Jose Luis Rodriguez Tella,
nunha reunión celebrada esta mañá na Casa da Xuventude.
O Arde Lucus XXMMV, Festa de Interese Turístico Galego,
celebrarase entre os días 19 e 21 de xuño.