![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigWDT9vBhAiXpkqQI_LWDsVNiXHT35oFUPVyTPNsAPWZTMTwnH7rCOr1kIllMZooAIKX8mRnnEfULay3nJbW2JrYoSOIvBt7i4h_-jZBx76DoK-VMHEyLzkP0I3yMDAjVUZ6-SUj0maelN/s1600/ITB+2.jpg)
Neste evento
dedicado ao Turismo en xeral, Turismo de Galicia promoverá a ampla oferta
turística da Comunidade galega, facendo fincapé naqueles recursos e produtos de
especial interese para o mercado alemán, como é o Camiño de Santiago e o resto
de experiencias turísticas que ofrece Galicia cos seus correspondentes paquetes
de comercialización: a enogastronomía, a través do produto Paseando entre
Viñedos, o termalismo, con Mananciais de Galicia; o de
costa, con Turismo Mariñeiro; o patrimonio cultural, con Santuarios
Máxicos e Patrimonio Oculto; as praias; con Faros e Praias Salvaxes; a
natureza, coa Ruta da Camelia e Bosques de Galicia; así como as contornas máis
senlleiras do territorio galego a través dos Lugares Únicos.
A
participación neste certame permitirá influír no mercado turístico alemán, un
mercado emisor moi importante para a nosa Comunidade. Concretamente,
Alemaña é, despois de Portugal, o segundo mercado internacional máis importante
para Galicia. O pasado ano 2014, o mercado alemán supuxo o 2,3% do total das
pernoitas que se rexistraron na nosa comunidade.