Turismo de Galicia presentou o libro “La
peregrinación a Santiago de Diego de Guzmán, diario inédito de 1610”. Trátase dun diario manuscrito do
peregrino Diego de Guzmán, limosneiro e capelán real, que relata a súa
peregrinación a Santiago, a onde chegou no outono de 1610. Un documento único
descuberto na Real Academia da Historia polo historiador da Universidade de Santiago
de Compostela, Julio Vázquez Castro.
O manuscrito, de 25 follas, non só
relata vivencias persoais, senón tamén aporta interesantes datos históricos ou
do contexto social que o autor ía atopando no seu camiño, o que enriquece aínda
máis o valor do documento.
O profesor Julio Vázquez Castro
realiza para esta edición un estudo rigoroso, revelador e ilustrado dun relato
de viaxes de enorme interese para todo o mundo xacobeo e para a historia da
cidade de Santiago de Compostela.
Grazas ao traballo de Vázquez Castro
descubrimos, por exemplo, no manuscrito unha das primeiras descricións do
famoso botafumeiro da Catedral de Santiago.
A obra inclúe, á parte do texto íntegro
do manuscrito e o estudo de Julio Vázquez Castro, corenta ilustracións. Entre
elas, un debuxo moi descoñecido de Santiago de Compostela en 1966 realizado por
un anónimo integrante do séquito do Conde de Sandwich que tamén visitou
Galicia.