
Coa
incorporación desta nova compañía Galicia Calidade conta na actualidade con doce
adegas certificadas, das cinco Denominacións de Orixe: Adega A Coroa,Adega dos
Eidos, Adegas Tollodouro, Bodegas Nairoa, Bodegas Pazo Villarei, Bodegas
Ruchel, Castro Baroña, Gargalo, Quinta do Buble, Regina Viaurm e Vilarvín, ás
que se suma agora Valdés.
Os asistentes
realizaron unha visita ás instalacións da adega acompañados do propietario da
mesma, Manuel Valdés. O certificado de uso, con validez para os vindeiros tres
anos, permitirá aos viños desta empresa incluír o distintivo nas etiquetaxes
así como noutras accións de promoción que estimen oportuno.
En concreto, Adega
Valdés conta cos seguintes viños amparados pola marca de garantía Galicia
Calidade: “Da viña Galega”, “Gundián”, “Inmortal”, “Mayor de Gundián”, “Señorío
de Rozadela” e “Xiradella”.