
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Formación activado pola Cooperativa en 2008 para impulsar a cualificación dos seus socios como base para continuar crecendo e incrementando a súa competitividade dentro do sector.
Antuña fixo referencia ás posibles solucións para tentar facer fronte desregularización de prezos, ben arranxando a escaseza de leite no mercado para evitar a importación de excedentes doutros países; ben mediante a fortaleza na negociación dos prezos, ou traballando na xeración de produtos de valor a través da innovación ou coa mellora das marxes actuando sobre os custos de produción.
Durante a súa intervención afirmou ademais que “en todos os plans estratéxicos Galicia figura como unha zona do mundo óptima para a produción de leite” por iso animou aos socios a continuar traballando, coñecendo os custos de cada explotación e actuando sobre eles. Instou a mellorar a competitividade coidando a sustentabilidade enerxética e optimizando o terreo para lograr unha rendibilidade superior que xere beneficios.
Tamén se profundou na desaparición das cotas, analizando se supón unha ameaza ou unha oportunidade e cales son as actuacións prioritarias da man do coordinador da Asociación Industrias Lácteas de Galicia, Pedro Ramos.