Xornadas de portas abertas no CSHG

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) abre as súas portas durante o día de mañá para dar a coñecer o centro a aquelas persoas que queiran estudar dirección hoteleira ou xestión en cociña. Os interesados poderán visitar todas as instalacións que conforman o Centro, visitando os seus cinco edificios.

O obxectivo da xornada é que os candidatos e as súas familias podan dispoñer de toda a información sobre o que é o Centro Superior de Hostalería de Galicia, onde van a estudar e cómo será súa vida profesional se estuda calquera das titulacións ofertadas.

A visita comezará ás 11 horas e constará dun traxecto cun itinerario que pasará polas aulas teóricas e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aula de restaurante á carta, aula de Recepción e Aloxamento e a Residencia.

Ás 12:30 horas haberá unha presentación na que se explicará aos asistentes asuntos de gran interese como as tarifas, bolsas, probas de acceso, matrícula, etc. Así mesmo, se responderán todas as preguntas e dubidas que teñan tanto os candidatos como os seus familiares.