Turismo de Galicia, a través do
Centro Superior de Hostalería de Galicia, pon en marcha un programa
de integración social en colaboración coa Cruz Vermella. A iniciativa é froito da colaboración
que ven desenvolvendo desde o ano 2013 Turismo de Galicia coa Cruz Vermella Santiago
para a posta en marcha de proxectos de interese para ambas institucións.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a
empleabilidade e as competencias profesionais e persoais das persoas
participantes co fin de conseguir maiores oportunidades laborais e a súa
inserción sociolaboral. A formación está subvencionada polo Fondo
Social Europeo a través do Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago.
O Centro Superior de Hostalería de Galicia
colabora cedendo espazos e aulas especificas destinadas á formación cualificada
de persoal en hostalería. Deste xeito, grazas a Turismo de Galicia o programa
pon ao alcance deste colectivo recursos específicos que doutro xeito serían
inaccesibles para eles.
Finalizada a parte teórica, o alumnado
realizará un período de prácticas non laborais en diferentes empresas co fin de
dar a coñecer aos participantes o mundo laboral, xerar oportunidades, así como,
permitir o seu achegamento á realidade do sector.