Príncipe de Asturias para a Volta Ciclista a España

A xunta de goberno da Deputación de  Pontevedra aprobou hoxe adherirse á petición da concesión do Premio Príncipe de Asturias, na súa modalidade deportiva, para a Volta Ciclista a España, según informou en rolda de prensa o seu presidente, Rafael Louzán.

Louzán destacou que a Volta "foi sempre un elemento vertebrador de España e das súas comunidades, unha palanca de promoción e xeneración de recursos económicos e creación de emprego e riqueza, e un activo fundamental na súa promoción turística, social, cultural e económica no mundo".

A Volta a España, xunto co Giro e o Tour conforma o circuito de Grandes Voltas do mundo, as que superan 3 semanas de actividade. Celebrouse por primeira vez en 1935 (coa República) organizada polos fabricantes de bicicletas de Eibar. O primeiro gañador foi o belga Gustav Deloor e o segundo un mítico corredor catalán, Mariano Cañardó.

Trala Guerra, o organizador, de 1945 a 1955, foi o desaparecido diario Ya, de Madrid. Nesta etapa consolidaronse os ciclistas galegos Delio e Emilio Rodríguez, de Ponteareas. De 1955 a 1979 a carreira organizouna El Correo Español/El Diario Vasco e tivo como vencedores a mitos como Anquetil, Merck, Hinault, Gimondi, Van Looy, Ocaña ou Contador. Na actualidade, a entidade organizadora é a empresa Unipublic