Portos de Galicia está a traballar na apertura
de novos mercados no ámbito da náutica recreativa a través do impulso aos
chamados rallies marítimos e a captación de catamaráns de grandes dimensións
nos que viaxan tripulacións destacadas en número. Trátase de dúas modalidades
de negocio náutica que ata o momento viñan estando pouco exploradas na nosa
comunidade e que agora preténdense explotar como una vía máis para o reforzo da
rendibilidade económica dos portos deportivos de titularidade autonómica.
Dentro da súa estratexia de promoción da
náutica de recreo, contemplada como un dos eixos básicos de traballo no Plan
Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que Portos de Galicia está a
executar, o ente que preside José Juan Durán, está a establecer contactos
comerciais con empresas estranxeiras, fundamentalmente do norte de Europa:
Francia, Reino Unido, Alemania e países nórdicos. Neste marco de encontros
promocionais e de negocios, o ente público ten establecido xa liñas de traballo
con empresas europeas para o desenvolvemento de rallies e a captación de
chegadas de catamaráns aos portos galegos.
No que aos rallies se refire, trátase dunha
actividade na que pequenas flotillas de entre 20 ou 30 embarcacións desenvolven
unha expedición de navegación en grupo. Neste sentido, o porto francés de La
Rochelle, un dos máis destacados do Arco Atlántico en actividade náutica, está
a traballar na organización dun ralli entre a costa gala e as Rías Baixas;
iniciativa na que Portos de Galicia colaborará en todo o necesario.
Finalmente, polo que atinxe á captación de
catamaráns, o ente público dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar,
pretende impulsar a chegada deste tipo de embarcacións de grandes dimensións
aos peiraos galegos, tanto como tránsitos como para a hibernada. Non en van, as
amplias tripulacións e pasaxe que navegan neste tipo de catamaráns e a demanda
que xeneran no sector servizos e no auxiliar da navegación e reparación de
barcos, poden supoñer un nicho de mercado destacado para os municipios e o
tecido empresarial dos municipios con portos deportivos.
En recentes eventos náuticos internacionais,
Portos de Galicia recolleu xa o interese en firme de firmas estranxeiras
interesadas en chegar a acordos nesta liña. En concreto, a franxa litoral de
Costa da Morte resulta unha das máis atractivas para captar estes tráficos dado
o seu carácter estratéxico nas rutas de navegación entre o norte eo sur de
Europa e Mediterráneo.