
Así, o 22 de febreiro, a localidade de Boqueixón
acollerá unha nova edición desta festa, unha das primeiras exaltacións
gastronómicas deste manxar galego.Un ano máis, a celebración non terá só
carácter gastronómico, de xeito que todos aqueles que visiten Lestedo nesta
xornada poderán disfrutar dos “Xenerais”, as personaxes máis típicas do
Entroido desta zona e unha antiga tradición da comarca do Ulla, as actuacións
das charangas, os grupos de gaitas e as orquestras.
Durante o acto de presentación, a directora de
Turismo de Galicia, resaltou o traballo do centenar de veciños que fai posible
ofrecer as filloas ás miles de persoas que todos os anos acoden a Lestedo a
festexar esta celebración.
Ademais, Nava Castro destacou que a Festa da
Filloa se converte no reclamo perfecto para coñecer esta localidade da
provincia da Coruña na que, segundo explicou, se pode visitar o Pazo de Oca, as
cataratas do río Toja ou mosteiro de Carboeiro, entre outros moitos lugares
únicos. Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou outro dos grandes
atractivos de Lestedo, o Pico Sacro, dende onde se divide o Val do Ulla e
Santiago de Compostela. “Unha das montañas máis coñecidas de Galicia que marca
a última etapa da Vía da Prata”, sinalou Nava Castro. “Todos estes recursos e
moitos máis acompañan a esta cita gastronómica e convértense na oferta
complementaria dunha zona de Galicia que ten moito que ofrecer”, afirmou a
directora de Turismo.