Oca Nova Manzaneda, a tope

Esta semana supuxo para a estación de montaña Manzaneda o segundo gran aluvión de visitantes durante esta tempada, grazas a unhas condicións meteorolóxicas inmellorables para a práctica deportiva, con todas as pistas abertas –un total de 23 que suman máis de 16 quilómetros - e días soleados.

O sol e a neve aliáronse para que a estación de montaña contabilizase 2.500 forfaits vendidos durante os dous días do pasado fin de semana. Esta cifra, sumada á de aquelas persoas que desprazáronse unicamente para gozar coa neve e o bo tempo elevou ata preto dos 6.000 o total de visitantes que gozaron das instalacións da estación galega, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal.

O domingo foi o colofón a un gran fin de semana para o esquí en Galicia xa que a estación de montaña Manzaneda acolleu un ano máis os campionatos galegos de esquí alpino en todas as súas categorías tanto masculinas coma femininas. Foron máis de 60 os participantes da competición, que se disputou na pista Pluviómetro 2, baixo a modalidade de xigante a dúas mangas e que contou con representantes tanto de Galicia coma de Asturias e Castela e León.

Deste xeito, a ocupación da estación de montaña galega alcanzou no fin de semana o 98%, funcionando a pleno rendemento.

Durante os tres primeiros días da semana a estación de Manzaneda acolleu a máis de 1.700 clientes -625 o luns, 776 o martes e 383 o mércores- rexistrando un total de 14.319 subidas en telecadeira, 4.902 no luns, 6.633 o martes e 2.784 o mércores.