A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo organizada, con motivo das festas do Entroido, un obradoiro de repostería típica destas
datas os días 12 e 13 de febreiro en horario de 10.30 a 12.30 horas.
Neste obradoiro de 20 prazas os asistentes aprenderán a
facer doces de entroido como son as rosquillas, filloas ou orellas de maneira
gratuíta. Para participar
neste obradoiro é necesario inscribirse desde o día 9 de febreiro e ata cubrir
prazas, no propio Centro de Convivenica Maria Balteira.
Ademais, e en colaboración coa asociación ADACE,
celebrarase un baile de disfraces con sorpresas para os asistentes o luns 16 de
febreiro de 16.30 a 19.00 horas no Centro de Convivenica de Fingoi.